venres, 9 de xuño de 2017

Resposta Reto 3

Ola a todas!!!
xa temos as respostas! Démonos conta que si cada persoa ten os seus
valores necesitamos outras normas para cando hai máis xente convivindo.
Por exemplo as normas que temos na clase: temos que acercarnos á persoa
coa que queremos falar para falar baixiño, ou que temos que ir camiñando
dun sitio a outro.... Despois fomo a preguntarlle a Fran o director que
normas había para todo o cole e falounos do NOFC e veu un día a nosa
clase a explicarnos quen as redactaba, onde se aprobaban, a quen
afectaba o que alí se recollía...
Por extensión falamos das normas que tiñan as persoas que vivían en galicia
e atopamos  o Estatuto de Autonomía, e as que tiñan en España que era a
Constitución. 
A profe preguntounos porque creíamos que fora necesario escribir  a
Constitución e Noé dixo que fora porque houbera unha guerra. Así que
investigamos que guerra fora e preguntamos nas casas se os nosos avós e
avoas viviran esa època. deixámosvos a información e un video que
gravou Xan ao seu avó. Temos moitas gañas de vervos!!


              



                      

Ningún comentario:

Publicar un comentario