luns, 28 de novembro de 2016

RETO 1 COMEZAMOS COAS COUSAS VALIOSAS PARA NÓS

Ola!!!
Que alegría volver a saber de vós!
Nós xa levamos uns días traballando sobre os Valores éticos.

Queremos que comecedes axudándonos a saber a orixe da palabra valioso.
Deixamos un primeiro vídeo para que comecedes a axudarnos
É unha versión breve do primeiro misterio e en breve faremos unha versión longa
Moitos bicos a todas e todos
Ola
Fixemos un video máis amplo con ideas que nós xa aprendimos e pedíndovos que investiguedes sobre a palabra ética
A ver se vos gosta!!!!
Bicos!!!!

mércores, 23 de novembro de 2016

VÍDEO PRESENTACIÓN CEIP Felipe de Castro

Ola a tod@s, estamos contentísimos de vervos despois de tanto tempo!!!Xa tíñamos gañas de saber que tal estábades e de empezar a traballar xuntos de novo. Deixámosvos a nosa presentación para que recordedes as nosas caras. Unha aperta!!!







domingo, 13 de novembro de 2016

VÍDEO PRESENTACIÓN Xa estamos aquí, con moitas ganas de comezar!

Xa chegamos tamén as nenas e nenos de Santa Comba. Que ilusión nos fixo vervos e que ganiñas de comezar. Deixámosvos un vídeo saúdo. Comezamos!!