mércores, 26 de outubro de 2016

VÍDEO PRESENTACIÓN

VÍDEO PRESENTACIÓN
Ola
Aquí vos deixamos o primeiro video de presentación esperando polo voso
Beixos

PRESENTACIÓN

PRESENTACIÓN 

Ola a todas e todos,
somos o profesor, Pepe Cabido e o alumnado do IES Fontexería de Muros da materia de Valores Éticos. Este curso estamos en 3º da ESO e temos moitas gañas de aprender novas cousas pero sobre todo temos gañas de divertirnos. O curso pasado foi para nós unha experiencia moi divertida e produtiva xa que aprendimos, tamén grazas a vós, moitos contidos de mitoloxía.
Cando comezamos este curso xa non lle demos máis opción ao noso profesor que traballar ao voso lado como o ano pasado. Por eso pedímosvos que queirades aprender con nós.
Este ano o tema parece un pouco menos atractivo xa que se chama valores éticos mais seguro que entre todas e todos chegaremos ao xeito de pasalo moi ben e aprender moito.
Antes de que vexades o noso vídeo do primeiro reto queremos dicirvos que temos este ano dúas novas incorporacións: Laura e Ángel que sabemos non van esquecer esta experiencia.
E as outras somos as incombustibles: Alba, Luna, Mariña e Sara

Queredes traballar con nós? Agardamos a vosa resposta. Moitos bicos e apertas

CEIP PEPE DE XAN BAÑA


 CEIP FELIPE DE CASTRO