xoves, 27 de abril de 2017

RESPOSTA AO RETO 2

Pois aquí estamos de novo. Desta vez agotad@s, eh! Canto tivemos que buscar, visionar, PENSAR!!
Ao principio atopabamonos un pouco perdid@s, pero cremos que agora estamos na pista.

Deixámosvos varias cousas como resposta a este reto:

1. DEBATE. HAI UNS VALORES MELLORES QUE OUTROS? Comezamos por facer un listado de valores "bos" ou "mellores" e outro de "malos" ou "peores", como fixeron @s peques de infantil, porque nos pareceu unha idea fantástica. Despois reflexionamos sobre porque ubicaramos cada valor na columna elexida. Este foi o proceso e as nosas conclusións. Tamén estivemos reflexionando sobre a lista de infantil e hai algunhas cousas que nos chocaron, deixámosvos unhas preguntas ;)


2. Nunha segunda parte investigamos sobre SÓCRATES, e cos datos obtidos da investigación fixemos esta presentación:


Traballamos nunha liña do tempo cando vivíu Sócrates e en que momento estamos nós, e como a pesar da diferencia de tempo seguimos a debater sobre o mesmo!


Deixámosvos tamén un vídeo que atopamos sobre SÓCRATES na rede,


e dous máis sobre o UNIVERSALISMO ÉTICO OU MORAL


e o RELATIVISMO ÉTICO OU MORAL


E "nada máis", ata aquí o noso traballo, cousas que nos atopamos, visionamos e nos pareceron interesantes de compartir! Tamén queremos darvos as gracias, porque canto aprendemos co traballo que facemos con vós!!
Un abrazo moi agarimoso!

xoves, 20 de abril de 2017

Avanzamos pouco a pouco


Ola de novo! Queremos contarvos que as nenas e nenos de Noia empezamos a traballar no reto 2 coa tarefa que nos propoñíades desde Muros. Fixemos dous listados, un cos valores que consideramos bos e outros cos valores que nos parecen malos.

Estamos moi felices despois de comprobar como coincidimos coas amigas e amigos de Santa Comba na resposta do primeiro reto. Ter traballado nese reto facilitounos moito o inicio do traballo nesta nova proposta. Seguimos investigando!!!!!




domingo, 2 de abril de 2017

RETO 2 O DEBATE SOBRE O RELATIVISMO E O UNIVERSALISMO ÉTICO

RETO 2

Ola,
Aquí deixamos outra viaxe polo camiño da curiosidade. Xa sabedes que sen curiosidade non hai Filosofía e sen Filosofía non hai ciencia. A filosofía é o que facedes vós: ter curiosidade e buscar unha solución racional aos retos ou problemas.
Pois agora sí que temos nós unha liada con esto dos valores. Non sabemos se todos son iguais ou hai uns melllores que outros.
Que pensades vós? Primeiro escribide valores ou accións boas  e outros non tan boas e pensade porqué facedes esa clasificación

Por exemplo:
Paz/Guerra
Respectar/Insultar
Liberdade/Escravitude
Igualdade/Desigualdade


Beixossss