xoves, 25 de maio de 2017

RETO 3 RELACIÓN ENTRE ÉTICA E POLÍTICA

RETO 3
A RELACIÓN ENTRE A ÉTICA E A POLÍTICA
Olas!!!!!
como andades amigos e amigas?
Nós moi ben!!! Gustouvos o vídeo de Pippi?

Estamos liados cun reto que nos puxo o noso profesor Pepe. Con esto chegamos ao final do traballo deste ano.
Coma sempre solicitamos a vosa axuda xa que se o facemos en equipo o tarballo será moito mellor e o noso blogue será máis divertido.
Ollade este vídeo onde explicamos o que temos que facer
Grazas
Ata logo!!!




mércores, 10 de maio de 2017

EMOCIONARIO VISIONADO DOS TRABALLOS

Ola, sempre nós deixades impresionadas cos vosos traballos
Hose presentamos o blogue a toda a nosa clase e a outras profesoras e están encantadas con todas e todos vós
Seguide así
Sodes xeniais!!!!
Bks
Se queredes ollade un pouco o vídeo

domingo, 7 de maio de 2017

SOLUCIÓN RETO 2

SOLUCIÓN RETO 2
Ola!
deixamos este vídeo para que comprobedes o difícil que foi para nós traballar o tema do valor dos valores. Aprendimos a necesidade de buscar argumentos para defender os valores considerados mellores.
O que si nós quedou claro é que na filosofía sempre debateron entre os relativistas e os universalistas e non é doado decidirse por unha ou outra posición.
Aprendimos que Sócates era un gran Filósofo e un defensor da xustiza e que foi acudado inxustamente e obrigado a beber un veleno.
Moitos beixos e a seguir filosofando entre todas e todos




  Antes de pasar ao reto tres imos debater esta semana sobre o valor da desobediencia. Queremos preguntarvos se algunha vez fostes desobedientes. Credes que ás veces é mellor desobedecer que obedecer?
Na época do noso profesor (é un pouco vello, jeje) había unha serie de televisión dunha nena moi desobediente e moi valente. Para ser desobediente hai que ser valente!!!
Se vos apetece ollade este vídeo



xoves, 4 de maio de 2017

Debatimos



 Collémoslle gusto a esto de debatir. Ao inicio tivemos que acordar unhas normas para poder entendernos pero unha vez que aprendimos a pedir a palabra e esperar o turno a cousa foi moito mellor.
Deixámosvos unha mostra  da conversa que tivemos sobre a pena de morte e sobre o touro da Vega.            

                    

Sócrates Reto 2

Ola de novo!
Aquí tedes o resultado da nosa investigación sobre a morte de Sócrates. Chamounos moito a atención saber que a cicuta é unha pranta que podemos atopar nos xardíns.