xoves, 30 de marzo de 2017

Visionando os vídeos do reto 1 dende Santa Comba

Que emoción vervos sempre, e nesta ocasión incrementada pola sensación de que temos sentimentos moi parecidos con respecto ás nosas cousas valiosas. Todas son obxectos, pero todas están vinculadas a algo maior, unha persoa, un feito importante nas nosas vidas. Foi moi fermoso ver como nos explicabades ese vínculo ❤❤❤

Deixámosvos un vídeo no que podedes ver as nosas caras de atención e alegría


Seguimos con moita enerxía!! 


martes, 28 de marzo de 2017

RETO 1 O CONCEPTO DE ÉTICA E OS VALORES

Ola
Que ben o pasamos e canto aprendemos con vós.
Agora deixamos aquí a nosa reflexión sobre o valioso e o que coñecimos sobre os valores e o concepto de ética.
Aprendimos que a ética é imprescindible para poder ser felices xa que da reflexión ética saen a igualdade, a tolerancia, o respecto, a liberdade...

Moitos beixos






luns, 27 de marzo de 2017

Reto 1 O VALIOSO


Ola a todas!!! Canto tempo sen noticias! A verdade é que durante este tempo tivemos moito traballo. Empezamos traendo os obxectos que para nós eran especiais para poder entender "o valioso". Despois fomos quen de empezar a indagar sobre a palabra valores e esto foinos un pouco máis complicado. Aquí vos deixamoso noso traballo. Esperamos a vosa axuda para saber se resolvimos ben o reto. Apertas mil para todas!










martes, 14 de marzo de 2017

Valoramos o valioso e falamos de valores éticos dende Traba

Boas!! Con moito retraso pero con moitísimas ganas, por fin estamos de volta. Non nos olvidamos do reto aínda que poida parecer o contrario!!

Deixámosvos dous videos. Un no que falamos de algúns obxectos que son valiosos para nós, pero que a pesar de ser obxectos gardan o seu valor nos recordos e nos sentimentos que nos provocan.
O outro vídeo é o resultado da investigación sobre o significado de "VALORES ÉTICOS".

AGARDAMOS QUE OS DISFRUTEDES!!