xoves, 8 de xuño de 2017

RESPOSTA AO RETO 3

Ola!! aquí estamos de novo.

Estivemos investigando sobre a relación da ética e a política e o certo é que chegamos a unha conclusión bastante parecida ao que nos explicades. Despois comezamos a investigar sobre os sitios nos que atopabamos normas. Os primeiros que nos viñeron á cabeza foron a nosa aula, a piscina, o polideportivo, a biblio do cole... E falando de cole, baixamos a dirección a preguntarlle a Marcos se existen unhas normas de cole. Falounos do NOFC (normas de organización e funcionamento do centro) e díxonos que están aí para que nos respetemos uns aos outros e nos sintamos máis seguros.

Despois ampliando o ámbito buscamos na rede se habería unhas normas de Galicia e de España e demos co Estatuto de Autonomía de Galicia e coa Constitución Española. Xa os temos na clase e xa comezamos a ler algunhas cousas.


Despois, pensando porque foi necesario establecer eses códigos, chegamos á guerra civil española e á dictadura franquista. Preguntámoslle aos nos@s maiores por como era a vida nesa época, avoas, avós e veciñ@s, e esto foi o que nos contaron.


Un traballo moi interesante co que fomos moito máis conscientes da nosa historia. Que vidas tan diferentes vivimos ás das nosas avoas e avós.

Un biquiño moi grande!

1 comentario:

  1. Ola amigas e amigos do Pepe de Xan Baña. Dicía Platón que unha das Ideas mías importantes é o Amor. E el cria que o coñecemento era un tipo de amor, de amor á sabedoría. Cando coñezemos cousas sentimos a emoción do amor ao coñecemento, ao saber. A que vos gusta saber cousas? A min moito!. Pois ben, co que hoxe vin de vós sentín ese Amor á sabedoría, ao coñecemento voso e das vosas avoas e avós. Conseguistes facer algo moi valioso que é emocionar,ensinar, valorar o coñecemnto das persoas maiores e, criticando á dictadura franquista, ampliastes o valor ético-político que Platón consideraba máis importante: a Xustiza. Pensade que máis importante que estudar ética é facela, crear valores coas accións diarias e vós, e a vosa gran mestra Alicia, vides de facelo.nAmade moito sempre ao saber que vós fará libres e felices. Grazas. Grazas. Grazas
    Ah! e parabéns pola resposta do reto 3: un dez.

    ResponderEliminar