martes, 20 de xuño de 2017

BROCHE FINAL DO PROXECTO. Libro "Temos dereito" e visita ao parlamento para a súa entrega

Desta volta rematamos o proxecto cun broche final de luxo. Editamos entre tod@s, TOD@S!!, un fermoso libro denuncia sobre o non cumplimento de tres dereitos fundamentais: o dereito á vivenda, o dereito ao traballo e o dereito ao asilo.
Unha profunda reflexión baseada na búsqueda de artigos en prensa que confirman que queda moito por facer. Podedes ver o libro aquí, e deixámolo tamén en formato vídeo



E nesa búsqueda de mellora social, visitamos o Parlamento de Galicia para informar e esixir, a quen pode,  accións de mellora nese sentido.

Deixámosvos dous videos, un sobre a saída en xeral, e outro só do acto de entrega do libro a@s parlamentarios no salón de plenos do Parlamento.




Agardamos que vos gusten tanto como a nós nos gustou levar a cabo este traballo
💜💛💙💚

1 comentario: